Festa de Gala Nadal 2019

 

 VER ACTIVIDADE NAS REDES #APALPADOR

Estimadas familias; co remate deste trimestre e a chegada das vacacións de Nadal queremos pedir a vosa axuda para organizar a Festa de Gala de Fin de Ano , como ven sendo tradición nestas datas. O Venres 20 de decembro organizaremos a nosa tradicional festa de Fin de Ano, polo que se esixe un “plus de elegancia” para asistir e tomar as uvas de cambio de ano en condicións!

Con todo, ese día teremos unha visita moi esperada no centro, virá a muller do rei Melchor, MELCHORA,  a recoller as cartas dos rapaces, bailar e a falar con eles, para iso faremos unha recepción oficial da súa chegada coa seguínte planificación como a ocasión o require:

  • 09:00h Entrada do alumnado ao centro e recepción por parte dos Paxes Reais.
  • 10:00 - 10:40h Chegada en barco da Raiña MELCHORA (é posible que se adíe) para alumnos/as e familias no PEIRAO do CENTRO (traer paraugas)*
  • 10:40h – 11:00h Recepción oficial das cartas do alumnado de Educ. Infantil+1º+2º// Photocall
  • 11:00h – 12:00h Recepción oficial das cartas do alumnado de 3º+4º+5º+6º // Photocall
  • 12:00h Badaladas Fin de ANO + Uvas + Chocolatada
  • 12:15 Baile FlashMOB

  • 12:45h Merenda – Festa de Nadal

CONTA ATRÁS

  • 13:30h Entrega de Notas
  • 14:00h Saída do alumnado

* En caso de moita choiva suspenderase a chegada ao Peirao

Agradecemos a colaboración das familias

  • Baile: Preparade o baile cos vosos fillos/as para dar a benvida a raiña MELCHORA
  • Xantar de Nadal: O ANPA farase cargo de todo o necesario para a chocolatada
  • Carta: Achegamos a carta oficial para entregar ao Príncipe.
  • Festa de Fin de Ano: Lembra de engalanar aos voso fillos/as na nosa xa tradicional festa de fin de ano e traer confettis, serpentinas para o gran momento.

Moitas grazas pola vosa colaboración! 

AdxuntoTamaño
carta.pdf433.55 KB
melchora.png2.16 MB
descarga (1).pdf783.22 KB